sábado, 2 de abril de 2016

A NOITE DAS PEPITAS

Foi no ano 1902 cando naceu 'A Noite das Pepitas', tal e como se coñece hoxe en día. Nos anos sesenta do pasado século adquiriron aínda maior relevancia, ao outorgárselle rango institucional. Pero xa do século XIX hai testemuños gráficos e escritos da rolda a determinadas mulleres ferrolás para destacar as súas virtudes. 'Os cabaleiros de Esteiro' sería o grupo que abriría a veda, en 1886. 
As súas cancións son valses, danzas e habaneiras. Música lixeira que, xunto ao afán por gozar do ambiente rueiro, foron tendencias que calaron en Ferrol pola chegada de persoal andaluz e valenciano aos estaleiros e ao Arsenal Militar, pero que tamén se xustifican pola elevada inmigración a Cuba. 
Ata a vestimenta dos participantes herdouse do pasado, sen grandes estridencias fronte ao seu aspecto primigenio. Elegantemente ataviados, as súas roupas van acompañadas de capas negras, lazos, cintas ou escarapelas. Laúdes, mandolinas ou bandurrias fan o resto, xunto aos seus sempre afinadas voces, que poñen en escena temas de nova creación e tamén do cancionero clásico.

Bandas militares, corais e orquestras de toda clase acompañan a estes grupos ao glosar a profusa traxectoria da música en Ferrol, cidade con gran tradición nesta materia. Pero esa interpretación a pé de rúa mantéñena agora as rondallas, recollendo tamén o costume xa case perdida do cante nos bares. 









Por que as Pepitas en torno ao día de San José? Outrora era dos escasos de libranza para os operarios dos astaleiros e o de Pepa era un nome moi estendido entre as mulleres. 
Afunde as súas raíces na propia historia da cidade, pero a vertixe dos cambios sociais non puido con ela. 'A Noite das Pepitas' é Ferrol en estado puro. Un centro histórico auspiciado por Carlos III e con forma de tableta de chocolate vólvese máis doce que nunca por unhas horas ao ano, baixo dúas premisas: música e mulleres.
Oito delas mantiveron acendida no 2012 a chama dun evento que adoita ter extensión en xornadas seguintes en municipios da comarca que tamén beben desta festa, como Mugardos ou Ares. Pero as agrupacións teñen traballo todo o ano, percorrendo media España para ofrecer actuacións en todo tipo de sedes recreativas e ante colectividades galegas e ferrolás, demostrando as particularidades da súa arte.
Club de Campo, Sons do Alba, Añoranzas, Bohemios, Luceiro do Alba, Mugardesa, Trobadores de Ares e de Cariño compoñen a terna de actuacións, que se repeten desde primeira hora da tarde  polas rúas da Magdalena, partindo dos barrios de Ferrol , Ultramar, Caranza, Canido e o Ensanche.
Completan horas de rolda espontánea ou premeditada: moitas mulleres solicitan ser roldadas aos pés do seu balcón, cando non o requiren ás furtadelas os seus amantes incondicionais para darlles unha sorpresa. E todo a pesar de que a gabanza pareza cotizar á baixa no novo século. 
Como bo festexo que se prece, hai doce dedicado: o Bico, con forma de corazón e cunha receita que fan posible o biscoito de cacao, a cobertura de chocolate negro e a crema de laranxa. Xa o venres, véspera do día grande, o colectivo de hostaleiros repartiu a sobremesa na carpa que, 24 horas despois, albergaría a gala, na praza de Amboage. 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario