miércoles, 25 de noviembre de 2015

O papagaio fantasma

Esta historia transcorre en plena Guerra Civil española, en Foz,  pobo costeiro do norte de Lugo. Un barco republicano, foi capturado polos nacionais, en fronte das costas galegas e levado a ese porto.

As autoridades militares ordenaron entón, desaloxar á tripulación e poñela baixo recado. O meu avó que era o xefe do destacamento, encargado de cumprir ordénelas, foi ao barco cun grupo de mariñeiros e foron desaloxando do barco a toda a tripulación ata que se cercioraron de que non quedaba ninguén a bordo.

Cando parecía que todo estaba despexado oíronse uns estraños berros no interior das adegas:Manolo, Ramón?; Manolo, Ramón?? oíase constantemente. Volveron baixar ás adegas para mirar quen se lles quedou por desaloxar, e empezaron a revisalas unha por unha, mentres se seguían escoitando os berros: ?Manolo, Ramón?? Ao final, entraron nun dos últimos departamentos que quedaba por ver e a sorpresa foi maiúscula, cando viron que o autor dos berros, era un fermoso  papagaio de plumas de cores, que repetía unha e outra vez as dúas palabras que alguén do barco, ensináralle nas longas xornadas de navegación.

O meu avó fíxose cargo do precioso animal e levoullo para a súa casa de Foz,  onde viviu ata a súa morte trinta anos despois; converténdose  nun máis da familia e animando a morada co seu repetitivos ?Manolo, Ramón??.

A miña avoa recorda como era o papagaio , e isto era o mais parecido que puiden encontrar, xa que non consérvase ningunha foto :






   

As cousas cambian

Pregunteille á miña avoa como era a educación antigüamente e sorprendeume xa que, aínda que pareza que non, hai moitas diferenzas.Sorprendeume unha frase que me dixo ao terminar a conversación,  na que fai referencia á importancia da educación hoxe en día  : "Tan só pola educación pode o home chegar a ser home"

Díxome que estudou no colexio Politécnico, na rúa Magdalena situado en Ferrol, dirixido por Don Jacinto Losada.



Non se pode dicir que a educación era mellor no pasado,xa que dependendo do punto de vista no que se mire, hai cousas que melloraron e cousas que non, pero non cabe dúbida de que hai moitos parecidos

A miña avoa cando me contaba como facía para buscar referencias ante un traballo que lle mandaban en clase, criticaba a influencia dos computadores ou ferramentas electrónicas. Defendendo así o uso de libros ou enciclopedias que actualmente deixamos atrás pola existencia das novas tecnoloxías.

Ademais,tamén me contou como os profesores levaban todos os días material como podían ser cartolinas ou carteis co fin de mostrar aos alumnos o que se pretendía ensinar. Actualmente substituídos por lousas eléctricas ou aulas virtuais.

Algo que me sorprendeu foi que nunca fixera ningunha práctica de ningún tipo como poden facer agora no laboratorio. Isto é algo que hai que destacar xa que a práctica tamén é importante para aprender facendo. Facían así que todas as clases fosen teóricas.

En conclusión, penso que actualmente a educación avanzou xa que, as novas estratexias de aprendizaxe fai que os alumnos de hoxe en día aunmenten a súa capacidade con novos contidos .

domingo, 15 de noviembre de 2015

A GASTRONOMÍA CASTREXA

Sabemos moi pouco da gastronomía castrexa, os textos clásicos mostran a importancia cultural que presenta a comida e o ritual asociado a ésta.
Existen datos dentro do rexistro arqueoloxico que permiten acercarnos a os tipos de alimentación das poboacios castrexas
A pesar do que se ten en mente, na época castrexa, non se alimentaban a base de carne.        Contrariamente a o imaxinario popular, non existían os grandes asados, pois os homes e mulleres da Idade do Ferro eran agricultores e gandeiros, non cazadores e criaban vacas ovellas e cabras. Os depósitos de ósos nos castros revelan a presenza de especies domesticadas como a vacas, ovellas e cabalos e outras  salvaxes como o coello e xabaril.
Os piares da sua alimentación eran os vexetales, as leguminosas e os cereales. Foi documentado o consumo de trigo, millo, chicharos  verdes, fabas, cebada e avea; asociados a este tipo de cultivos, aparecen elementos constructivos ou recipientes cerámicos orientados ao seu almacenaxe.

Con estes productos preparaban sobre todo o que coñecemos hoxe en día como “pratos  de coller”  : guisos, potaxes, papas, sopas…. que   completaban con proteínas animais, con un concepto semellante ao que coñecemos como cocidos e potaxes. Para aderezar estes caldos, potaxes e guisos empleabanse xugos de frutas e herbas aromatizantes como a albaca.    
As fariñas de trigo e centeo sen fermentos, ou guisar sen aceite son outros dos secretos da cociña castrexa.
Nas zoas costeiras como Galicia, os productos do mar, serían  un apartado moi importante  para a subsistencia do grupo. O mar e os seus productos ( peixes, mariscos, moluscos..) iban a ter una gran importancia na gastronomía da época castrexa, chegando incluso a importalos a o interior.


Todos estes alimentos se introducen no ámbito doméstico onde a arte de comer xoga un papel fundamental para reforzar os lazos sociais nesa época.


domingo, 8 de noviembre de 2015

VIAXE TURÍSTICO POLA GALICIA ROMANA


No 137 a.C. as lexións romanas dirixidas por Décimo Xuño Bruto penetráronse nas terras. A conquista da Galaecia ofreceu un novo episodio co avance das tropas de Julio César.
Un dos motivos da romanización da Galaecia foi, sen ningunha dúbida, as súas inmensas reservas de ouro.
A extensión da Gallaecia romana era moito máis extensa que a Galicia moderna, abarcando tamén o norte de Portugal, Asturias, Cantabria e parte de Castela e León.





O primeiro lugar polo que empezariamos sería visitando a Torre de Hércules : é unha torre e faro situado sobre un outeiro na península da cidade da Coruña. Ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.








Posteriormente, moi preto dá torre de Hércules vistaremos  Cambre, lugar no que son visibles os restos das termas dunha vila .  Trátase dunha Vila de explotación agropecuaria da que se conservan os restos dos baños ou termas privadas. Destaca o frigidarium, as letrinas e os restos das pinturas murais.




Continuariamos penetrándonos pola zona oriental ata chegar ata Lugo,concretamente nas Murallas romanas.
 Rodea o centro histórico da cidade . A antiga cidade romana de Lucus Augusti, foi dotada dun muro de defensa que perdurou, con escasas reformas, ata a actualidade.
Pasou de ser un obstáculo para a súa evolución e crecemento a ser un monumento integrado na estrutura urbana e fonte de riqueza turística.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.




As vilas romanas tamén teñen o seu protagonismo destacando a que podemos atopar en Vigo,  sitio ao que acudiremos posteriormente para visitar outra das vilas mais reprensentativas. Posiblemente esta vila fose abandonada por mor dos normandos que arrasaban a costa e a súa proximidade ao mar sería branco fácil para estes piratas. A pesar do seu descubrimento, o lugar estivo abandonado durante moitos anos pero hoxe en día pódese gozar dun recinto valado e vixiado de acceso gratuíto para o deleite de todos.




Por último, mencionaremos una  ruta temática que nos permitirá pasear por la antigua calzada romana de la Via Nova e as rutas do ouro galaico, onde podemos disfrutar de los maravillosos paisajes das terras lucenses e a infuluencia producida en las mismas pola inxeniería mineira romanahttp://www.viatorimperi.com/index.php/via-nova