viernes, 13 de mayo de 2016

Galicia, cada día mais linda

Podería dicir que Galicia é esa terra, situada ao noroeste da península ibérica, de verdes paisaxes, fragas, montañas, rías e praias bañadas polo océano atlántico; que ten unha lingua propia, unha cultura propia e unha  xente cunhas características diferentes ao do resto de España.


Pero para min é algo máis, Galicia é vida, é o lugar onde crecín, onde está a miña familia, os meus amigos, os meus estudos, é a miña terra e todo xira ao redor dela.
Galicia, para min, non é só unha terra, é unha lingua, é unha cultura, é esa forma especial dos galegos, que non se saben, se soben ou baixan cando están no medio dunha escaleira; ou que cando lles preguntas algo, contestan cun “malo será”. Ser galego é ter morriña da túaterra, e querer volver cando estamos uns días fóra, aínda que despois queixémonos de que aquí está sempre chovendo. Ser galego é ter acento galego e estar orgulloso diso.

Non seise é unha comunidade, unha rexión ou un país. O único que sei é que é a miñaterra. Podería nacer noutro lugar, pero nacín aquí,  gústame vivir aquí e espero que non teña que irme de Galicia. E se me vou, seguro que volverei, como os bos fillos que volven sempre a ver á súa nai, os galegos, estean onde estean,  sempre volven.




Unha viaxe cun compañeiro de vida

O noso profesor deixounos elexir o tema da nosa penúltima entrada,  intereseime por iste porque teño pensado facer O Camiño de Santiago este verán xunto a un gran compañeiro de vida, meu pai. Por lo tanto comecei a recoller a "información básica" que necesito saber antes de facelo.

 O Camiño de Santiago é unha ruta que percorren os peregrinos de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, onde se veneran as reliquias do apóstolo Santiago o Maior . Durante toda a Idade Media foi moi percorrido, despois foi un tanto esquecido e na actualidade volveu a tomar un gran auxe.

As orixes do culto a Santiago en Galicia permanecen na escuridade dos tempos. A finais do século VIII difúndese no noroeste da Península Ibérica a lenda de que Santiago o Maiorfora enterrado nestas terras, tras evangelizarlas. Así oito séculos despois da morte do Apóstolo Santiago, no ano 813, un ermitán chamado Pelayo ou Paio dixo que viu unha estrela pousada no bosque Libredón. Comunicoullo ao bispo Teodomiro, bispo de Iria Flavia, (preto de Padrón). Foronalí e descubriron na espesura a antiga capela, onde existe un cemiterio da época romana.
Aproximadamente desde o ano 821, coachado das presuntas reliquias do Apóstolo , Compostela converterase progresivamente nun centro de peregrinaxe. E recibirá o seu impulso definitivo durante a primeirametade do século XI. Moi pronto, a noticia esténdese por toda a Europa cristiá e os peregrinos comezan a arribar ao venerable lugar do sepulcro, o denominado Campus Stellae, que devirá no famoso vocábulo Compostela.
O número de camiñantes crece xeométricamente a partir do século X, cando a poboación europea logra saír do illamento de épocas anteriores e inicia unha serie de contactos e intercambios que, no campo relixioso, levarán a facer da peregrinación: unha maneira máis activa, ampla, inclusiva e sinxela de devoción.
Despois do século XIV producíronse moitas convulsións sociais en Europa que desvían aos peregrinos potenciais cara a outros destinos. Por outra banda, a Reconquista despraza toda a atención económica e gobernamental dos reinos españois cara ao sur. O Camiño de Santiago perde o esplendor dos séculos anteriores. O Cisma de Occidente en 1378 agrava e divide á Cristiandade. O século XV tampouco axudou á súa revitalización, infestado de acontecementos desagradables no vello continente: guerras, fame, peste, malas colleitas, secas...
Aínda así, moitos crentes seguían acudindo ata a tumba do apóstolo para cumprimentar a súa penitencia pero, ano tras ano, o Camiño foi caendo no esquecemento.
Tras a Idade Media e Moderna, o Camiño vai perdendo importancia. Ata o punto que o último dos albergues histórico, pecha e abandónase en ruína a metade do século XX: O real hospital de Santiago de Montouto, na comarca de Fonsagrada.
Un primeiro intento de revitalización produciuse en 1962 cando se anunciou que se ía a sinalizar o camiño. Así o 29 de marzo deste ano, Diario Vasco, publicou que 14 mestres estaban a peregrinar desde Roncesvalles coobxectivo de "actualizar a antiga marcha dos peregrinos polo camiño xacobeo". Con todo estas iniciativas apenas tiveron éxito. No Ano Santo Compostelán de 1993, o goberno autónomo galego decidiu potenciar o seu valor enfocado a un recurso turístico, abríndoo a persoasco perfil do peregrino relixioso tradicional; deste  xeitolanzouse unha gran campaña de publicidade para o Xacobeo dese ano: Xacobeo 93.

Grazas a este plan restauráronse tramos da ruta e as infraestruturas para peregrinos. Logrouse a colaboración das comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño en España. Desde entón, facer o percorrido a pé, en bicicleta ou dacabalo é un destino popular que reúne o relixioso, espiritual, deportivo, cultural, económico, etc., tal e como veuocorrendo desde o principio a través dos séculos. O camiño áchase indicado por frechas pintadas de amarelo, postes e outros sinais. (A cuncha, ou vieira, soamente indica que se está sobre o Camiño, mentres que é a frecha amarela a que sinala a dirección para seguir. Por iso é polo que a vieira poida estar diferentemente orientada segundo a Comunidade Autónoma que se atravesa).
Mostranse algúns dos aloxamientos para os peregrinos.




Hai séculos que a vieira, que se atopa tipicamente na costa do mar en Galicia, é o símbolo do Camiño de Santiago, e dos seus peregrinos.Antigamente os peregrinos, ao regreso aosseus países de orixe, levábano posto encima do seu hábito ou no chapeu, para demostrar chegar ata Santiago, o obxectivo da viaxe.

A Compostela é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e dado aos peregrinos cando acaban o seu percorrido. Para gañala necesítase percorrer como mínimo os últimos 100 quilómetros a pé ou da cabalo (200 km se sevai en bicicleta).Na Idade Media, a "Compostela" era un modo de indulxencia, que permitía reducir á metade o tempo da alma no purgatorio. Con todo, se esta foi obtida nun ano santo compostelán, obtense a indulxencia plenaria.

Unha Galicia diferente

Galicia deixou de ser unha sociedade  rural, tradicional, illada, atrasada e sen capacidade de goberno, para converterse nunha sociedade cada vez máis urbanizada, mellor comunicada, máis industrializada, cundesenvolvementotecnolóxico como nunca coñeceu, e con institucións de goberno propio. Por tanto, debe ser neste contexto de modernización no que debe basar e planificar  o seu desenvolvemento  e así poder rematar ca crise económica e demográfica .
Galicia e un lugar atractivo para vivir, que ten gran calidade de vida. Algúns dos seus sectores industriales en crise, sufriron reconversiones para adaptarse a os novos tempos; e outros  como o textilou o da automoción están a alcanzarun enorme desenvolvemento. O puxante sector vitivinícola y gandeiro, e tamén forestal, así como a agricultura ecoloxica, beneficiados polas novas tecnoloxias, fan que a xente xoven  retorne a o mundo rural, para compensar o despoblamento das últimas décadas,e aproveitar asi os recursos que nos proporciona esta terra tan fértil.As novas técnicas de pesca e marisqueo, xunto a acuicultura fan que este sector siga sendo, un dos mais importantes da nosa economía.      
       


O turismo co  “Camiño de Santiago”,como referencia mundial, as zonas de costa e de playa, moitas delas con bandeiras  azuis, e en entornos naturais privilexiados fixeron de este sector, un dos maís importantes dos últimos tempos, e moi probablemente ainda o será mais no futuro. A situación estratexica dos nosos portos, fan que sexa unha zoa de paso obrigado de tráfico marítimo.
Ademais disto hai que engadir as potencialidades dos capitais humanos e sociais dos galegos, da xente nova, que nunca estivo tan ben preparada, en todos os sentidos, poden ser unha porta aberta á innovación e á creatividade. Os irlandeses o saben moi ben e teñen sido capaces de vender a súa música, os seus alimentos, a súa cultura, paisaxe e os atractivos do seu país aos millóns de descendentes de emigrantes irlandeses que hai nos Estados Unidos. Nos podemos facer o mesmo.

Unha vez rematada a profunda crisis financieira dos últimos anos, como parecen corfirmar  os datos económicos, sobre todo o do paro, que e fundamental, porque e a base para que as futuras xeracións de galegos e galegas, aséntese no noso país, e non teñan que abandónalo, por falta de oportunidades;ademais de darlle a substitución xeracional, tan necesaria á nosa poboación, moi envellecida, e que e fundamental para trocar o signo negativo destas últimas décadas.

Todo isto unido ao amor cos galegos e galegas profesan pola sua terra, e que estén donde estén xamais se esquecen dela, fainos ser optimistas co futuro das nosas xeracións e de Galicia. 

O futuro amargo de Galicia

A crise demográfica galega é incuestionable, dende o ano 1975 a poboación galega entrou nun proceso de declive ata hoxe en día, debido á caída da fecundidade, con tan só un fillo por cada muller en idade fértil, e a un forte incremento da mortalidade por avellentamento. Xa non se produce o reemprazoxeracional e non fumos capaces de fixar a poboaciónxovennin de atraer novos habitantes. Galicia se amosa como un país fortementeavellentado e unha longa esperanza de vida. Atrás quedan os tempos cando os galegos e galegas emigraban fuxindo da escaseza que a sociedade rural tradicional e a insuficiente industrialización lles brindaban. Agora os que emigran son xovenes preparados que fuxe da crisis dos derradeiros anos en busca de oportunidades noutros lugares de España oumesmo do extranseiro.
Amais, debemos ter en conta que Galicia non é allea ao avellentamento que coñece Europa, seguemos as pautas, pero temos o problema engadido de que non somos capaces de xerar emprego suficiente nin de atraer inmigrantes, temos unha alta dependencia de subsidios e pensións e a poboación dependente de parados, xubilados, estudiantes e pensionistas comeza a superar á poboación ocupada que desenvolve un traballo e paga os seus impostos.
Esta incapacidade de crear empleo, se debe precisamente a crise industrial que comenzou  hay duas décadas e na que  se viron afectados importantes sectores industriales do noso país, o mais castigado tal vez foi o naval. Moita población rural, sobre todo do interior  abandonou o campo, para vir a traballar as zoascosteirasmais industrializadas. Este feitotamenvai a afectar negativamente a futura agricultura e gandeiria do noso país, xa que quedou sin relevo xeneracional.
Esta crisis industrial non ten visos de trocar, debido a puxanza das economías asiáticas e a imposibilidade de competir con esos países. Si a eso añadeseca pesca, que era outro dos piares da economía galega, cada vez se ve  mais restrinxida, tanto pola sobreexplotación do mar en xeral, como as restrincións ca CEE pon a flota pesqueira galega, fai que tamensexa un sector con un futuro en declive.
En conclusión, todos estos factores fan que estemos asistindo a un cambio demográfico, que terá consecuencias moi negativas para Galicia, en todos os aspectos, tanto sociais, como económicos  e que impedirá o desenrrolo futuro dos nosos pais.    



sábado, 2 de abril de 2016

A REXENERACIÓN URBANA


A  verdadeira orixe das meninas de canido está na gran deterioración que ata hai pouco tiña o barrio de Canido, unha antiga aldea que agora está integrada na parte máis alta da estrutura urbana de Ferrol.




Este barrio que a mediados do século pasado mantiña hábitos propios dunha aldea, con casas baixas xunto ás que había hortos, no que os veciños vivían na rúa, e onde  as portas das casas estaban abertas, tras a crise da industria naval, aos poucos foise deteriorando e as súas casas abandonando.
Case converteuse nun barrio marxinal de Ferrol, onde apenas ían os ferroláns dado o esforzo que ademais supón subir andando as empinadas costas do barrio da Madalena para chegar a Canido.
Consciente desta situación, en setembro de 2008 o pintor ferrolán Eduardo Hermida, residente en Canido, tomou a decisión de convocar a outros artistas amigos para, nunha xornada festiva, decorar as fachadas dalgunhas das casas con pinturas que evocaban o famoso cadro das Meninas de Velázquez.
Desde entón, cada primeiro fin de semana de setembro veuse repetindo esta festa cultural, cada vez con maior participación de artistas.


O resultado é que ano a ano as fachadas das cada vez máis coidadas casas de Canido foron adquirindo un imaxe característica con obras dos máis diferentes estilos, pero sempre cunha maior ou menor vinculación ás citadas Meninas.




Agora numerosos artistas de todo o mundo, coñecedores desta iniciativa artística de rexeneración urbana, piden participar nesta festa, que de reunión de amigos pasou a converterse nun evento cultural apoiado polo propio Concello de Ferrol.
De feito, na máis recente edición, durante dous días reuníronse máis de cen artistas, entre pintores, escultores e fotógrafos procedentes de diversos lugares de España e do estranxeiro.
O feito é que agora a ruta das Meninas do barrio de Canido é unha atracción para as excursións e cruceiros que con turistas chegan a Ferrol. Aí atopan plasmadas as máis diversas propostas artísticas sobre a máis famosa pintura de Velázquez.
E, ademais, grazas a este proceso de rexeneración, as casas de Canido aos poucos estanse rehabilitando e o barrio empeza a ser un lugar de moda onde profesionais e artistas queren fixar a súa residencia.



A QUEIMADA

A queimada é un dos moitos rituais que teñen que ver co lume, unha tradición que se debate entre o pagán e o misterioso, unha apócema máxica cuxo orixe se perde entre as sombras de noites ancestrais infestadas de meigallos e feitizos, de almas en pena, e de corpos arrebatados por rituais de meigas que sentados na escuridade e formando un círculo ao redor da tartera de barro, buscan a purificación do corpo e a salvación da alma mentres revolven a beberaxe que espantará os malos espíritos e atraerá os bos.
O ritual da Queimada e o seu conxuro é un dos poucos ritos que se mantén a día de hoxe, levándose a cabo de forma natural en infinidade de reunións sociais e celebracións que teñen lugar na comunidade galega.


A tradicional queimada ten, posiblemente, a súa orixe nas ancestrais culturas castrexas. Os celtas deixaron a súa herdanza cultural plasmada nos abundantes petróglifos que se atopan ao longo e ancho da comunidade galega. Son recorrentes os símbolos con forma de espiral, destacando O TRISQUEL, figura con tres cabezas que debuxa unha especie de cruz. Foron moitas as interpretacións que os historiadores deron a este símbolo, pero a máis coñecida é aquela que sostén que o trisquel representa os tres elementos fundamentais na vida do home: A terra, a auga e o lume.
O ritual da queimada leva tamén de forma intrínseca a fusión destes tres elementos, nun ritual que non sería posible de non existir este compoñente máxico, herdado dos nosos antepasados celtas e transmitido a través dos tempos.
A TERRA simbolízase mediante a tartera de barro, a auga vese representado polo augardente que se axita e remove fundiendose coa terra mentres o lume danza libre entre os elementos que conforman esta apócema máxica alumbrandonos, dándonos calor ao corpo e purificando as almas.

INGREDIENTES
1 pota de barro propia para queimada 1 1itro de augardente de bagazo galego
1 Casca de limón ou laranxa
150 gramos de azucre
Grans de café
FORMA DE PREPARACIÓN
Vértese no recipiente da queimada o Augardente de Bagazo de Galicia e o azucre, na proporción de 150 gramos por cada litro de augardente. Incorpóranse as mondas de limón e de laranxa e un puñado de grans de café.Remóvese ben toda a mestura e cando estea ben mesturado préndeselle lume.
Para iso colocaremos no cazo de remover un pouco de azucar e augardente achegando este moi amodo ao recipiente que contén todos os ingredientes, ata que o lume contido no cazo pase dun a outro. A queimada debe removerse ata que o azucre consúmase e as chamas diminúan considerablemente, o que indica que o alcol se ha evaporado no seu maior parte. Cando isto ocorra deixamos apagar e servimos.
O ritual inclúe recitar o esconxuro da queimada, o cal debe lerse en voz alta tan pronto a queimada comece a arder.
CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada. 





A NOITE DAS PEPITAS

Foi no ano 1902 cando naceu 'A Noite das Pepitas', tal e como se coñece hoxe en día. Nos anos sesenta do pasado século adquiriron aínda maior relevancia, ao outorgárselle rango institucional. Pero xa do século XIX hai testemuños gráficos e escritos da rolda a determinadas mulleres ferrolás para destacar as súas virtudes. 'Os cabaleiros de Esteiro' sería o grupo que abriría a veda, en 1886. 
As súas cancións son valses, danzas e habaneiras. Música lixeira que, xunto ao afán por gozar do ambiente rueiro, foron tendencias que calaron en Ferrol pola chegada de persoal andaluz e valenciano aos estaleiros e ao Arsenal Militar, pero que tamén se xustifican pola elevada inmigración a Cuba. 
Ata a vestimenta dos participantes herdouse do pasado, sen grandes estridencias fronte ao seu aspecto primigenio. Elegantemente ataviados, as súas roupas van acompañadas de capas negras, lazos, cintas ou escarapelas. Laúdes, mandolinas ou bandurrias fan o resto, xunto aos seus sempre afinadas voces, que poñen en escena temas de nova creación e tamén do cancionero clásico.

Bandas militares, corais e orquestras de toda clase acompañan a estes grupos ao glosar a profusa traxectoria da música en Ferrol, cidade con gran tradición nesta materia. Pero esa interpretación a pé de rúa mantéñena agora as rondallas, recollendo tamén o costume xa case perdida do cante nos bares. 









Por que as Pepitas en torno ao día de San José? Outrora era dos escasos de libranza para os operarios dos astaleiros e o de Pepa era un nome moi estendido entre as mulleres. 
Afunde as súas raíces na propia historia da cidade, pero a vertixe dos cambios sociais non puido con ela. 'A Noite das Pepitas' é Ferrol en estado puro. Un centro histórico auspiciado por Carlos III e con forma de tableta de chocolate vólvese máis doce que nunca por unhas horas ao ano, baixo dúas premisas: música e mulleres.
Oito delas mantiveron acendida no 2012 a chama dun evento que adoita ter extensión en xornadas seguintes en municipios da comarca que tamén beben desta festa, como Mugardos ou Ares. Pero as agrupacións teñen traballo todo o ano, percorrendo media España para ofrecer actuacións en todo tipo de sedes recreativas e ante colectividades galegas e ferrolás, demostrando as particularidades da súa arte.
Club de Campo, Sons do Alba, Añoranzas, Bohemios, Luceiro do Alba, Mugardesa, Trobadores de Ares e de Cariño compoñen a terna de actuacións, que se repeten desde primeira hora da tarde  polas rúas da Magdalena, partindo dos barrios de Ferrol , Ultramar, Caranza, Canido e o Ensanche.
Completan horas de rolda espontánea ou premeditada: moitas mulleres solicitan ser roldadas aos pés do seu balcón, cando non o requiren ás furtadelas os seus amantes incondicionais para darlles unha sorpresa. E todo a pesar de que a gabanza pareza cotizar á baixa no novo século. 
Como bo festexo que se prece, hai doce dedicado: o Bico, con forma de corazón e cunha receita que fan posible o biscoito de cacao, a cobertura de chocolate negro e a crema de laranxa. Xa o venres, véspera do día grande, o colectivo de hostaleiros repartiu a sobremesa na carpa que, 24 horas despois, albergaría a gala, na praza de Amboage.