domingo, 21 de febrero de 2016

EL DESASTRE DEL PRESTIGE

O Desastre do Prestige fai referencia ao accidente do Prestige e o seu posterior afundimento en 2002, así como á marea negra que provocou e que afectou a 2000 quilómetros de costa española e francesa.
O 13 de novembro de 2002, o petroleiro monocasco Prestige accidentouse nunha tormenta mentres transitaba cargado con toneladas de fuelóleo fronte á Costa da Morte, e tras varios días de manobra para o seu afastamento da costa galega acabouse afundindo.
 A vertedura da carga causou unha das catástrofes ambientais máis grandes da historia da navegación, tanto pola cantidade de contaminantes liberados como pola extensión da área afectada.

-IMPACTO MEDIOAMBIENTAL-
Diferentes expertos predixeron que a vida mariña sufriría pola contaminación procedente do Prestige durante un mínimo de dez anos debido ao tipo de vertedura.
 Estes compostos, de acción tóxica acumulativa, poden envenenar ao plancto, así como os ovos dos peixes e crustáceos, e producindo efectos cancerígenos nos peixes e os animais que se nutren deles .
Os previsibles efectos do fuelóleo sobre os diferentes seres vivos:
Mortalidade directa por contacto co fuel ou os efectos indirectos ao perturbar os ecosistemas, como o cambio na estrutura das comunidades ecolóxicas e a alteración das redes de interacción entre as diferentes especies e entre predadores e presas.
Tras todo o analizado anteriormente, sacamos en conclusión que o derrame de petróleo do Prestige foi considerado o terceiro accidente máis custoso da historia.







CONCEPCIÓN ARENAL

Nacida nunha casa do barrio coñecido como Ferrol  Vello, quedou orfa de pai aos nove anos. Nese mesmo ano, marchou coa súa nai, María Concepción  e as súas dúas irmás, a Cantabria, a casa da súa avoa paterna, onde recibiu unha férrea formación relixiosa. Posteriormente trasladáronse a Madrid    onde  estudou nun colexio para señoritas. Sete anos despois entrou, como oínte na Facultade de Dereito da Universidade de Madrid, vestida tamén de home, Concepción participou en faladoiros políticos e literarios, loitando así contra o establecido na época para a condición feminina.
Acabada a carreira, casou en 1848 co tamén avogado e escritor Fernando García Carrasco; que en 1857 faleceu de tuberculose. Concepción, viúva e con dous fillos en Cantabria, onde coñeceu a un mozo Jesús Mosteiro con quen  funda grupo feminino  para axuda dos pobres. 

 Posteriormente publicou libros de poesía e ensaio, como Cartas á delincuentes  Oda á escravitude  ,O reo, o pobo e o verdugo ou A execución da pena de morte.
E crea unha sociedade dedicada á construción de casas baratas para obreiros. Posteriormente tamén colaborou organizando en España a Cruz Vermella do Socorro, para os feridos das guerras carlistas.



Con Concepción Arenal, naceu o feminismo en España, pois Concepción dixo que a muller non ten outra carreira que o matrimonio, xa que os homes aprenden un oficio e as mulleres non.



Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo, onde foi enterrada. É o seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia. Con todo, a súa frase máis celebre foi probablemente Odia o delito e compadece ao delincuente, que resume a súa visión dos delincuentes como o produto dunha sociedade reprimida e represora.



A REVOLTA IRMANDIÑA

Revolta Irmandiña, Gran Guerra Hermandina, A Gran Guerra Irmandiña (en galego), foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV. Comezou na primavera de 1467 en Galicia, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, "Santa Irmandade" xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.

Non se rexistraron "castigos exemplares" dos vencedores sobre os vasalos que se rebelaron. Talvez non foi "posible" polo carácter masivo do movemento contra as fortificacións e anti-señorial. Os portavoces posteriores dos vencedores, Vasco de Aponte e Felipe de la Gándara, tampouco dan fe de represalias. Talvez contribuí para a falta de represión o feito de que previamente os irmandiños tampouco se vingaran dos cabaleiros derrotados ó lograr a vitoria en 1467.

Talvez foi o sentido práctico, que transloce na célebre resposta do conde de Lemos a Pardo de Cela. Cando o mariscal o instaba a "encher os carballos de vasalos", o conde respondeulle que "non se ía manter de carballo”


Couselo Bouzas indica que a maior parte das testemuñas ó respecto do preito Tabera - Fonseca concéntranse na ansia reconstrutora do conde de Lemos, que obrigaba a serventías de dous ou tres días por semana, para o que debían levar carro e bois e satisfacer dous reais para.ós encargados da dirección das obras. O custo principal foi en serventías, prestacións persoais que a maioría dos señores impuxeron ós vasalos para a reconstrución das súas fortificacións. Setenta e tres fortificacións, menos da metade das que foron arrasadas, foron reconstruídas.



A GUERREIRA MARÍA PITA

María Pita foi unha muller moi importante para A Coruña:

O 4 de maio de 1589, as tropas do almirante Drake pertencentes a Armada inglesa estaban preto da A Coruña, mentres os seus habitantes estaban agardados na cidade amurallada bella.
Estas tropas, britanicas, con gran esforzo lograron facer un buraco na muralla, e un alférez coa bandeira de Inglaterra, dirixiase a sua tropa animandoos para conquistar o lugar. Pero as intencions dos britanicos non chegaron a bon porto porqueapareceu una muller valente chamada María Pita  que xunto con moitos outros vecinos fixeron cambiar o rumbo da historia.
Esta guerreira muller colleu a pica do seu marido,xa morto, e lanzouse sobre o alférez  ocasionandolle a morte, e tras este suceso os ingleses fixeron a sua retirada do lugar, e os coruñeses restableceron a sua vida normal.

A principal plaza da cidade onde se encontra o concello  da Coruña leva o seu nome en conmemoración destos feitos.