domingo, 21 de febrero de 2016

EL DESASTRE DEL PRESTIGE

O Desastre do Prestige fai referencia ao accidente do Prestige e o seu posterior afundimento en 2002, así como á marea negra que provocou e que afectou a 2000 quilómetros de costa española e francesa.
O 13 de novembro de 2002, o petroleiro monocasco Prestige accidentouse nunha tormenta mentres transitaba cargado con toneladas de fuelóleo fronte á Costa da Morte, e tras varios días de manobra para o seu afastamento da costa galega acabouse afundindo.
 A vertedura da carga causou unha das catástrofes ambientais máis grandes da historia da navegación, tanto pola cantidade de contaminantes liberados como pola extensión da área afectada.

-IMPACTO MEDIOAMBIENTAL-
Diferentes expertos predixeron que a vida mariña sufriría pola contaminación procedente do Prestige durante un mínimo de dez anos debido ao tipo de vertedura.
 Estes compostos, de acción tóxica acumulativa, poden envenenar ao plancto, así como os ovos dos peixes e crustáceos, e producindo efectos cancerígenos nos peixes e os animais que se nutren deles .
Os previsibles efectos do fuelóleo sobre os diferentes seres vivos:
Mortalidade directa por contacto co fuel ou os efectos indirectos ao perturbar os ecosistemas, como o cambio na estrutura das comunidades ecolóxicas e a alteración das redes de interacción entre as diferentes especies e entre predadores e presas.
Tras todo o analizado anteriormente, sacamos en conclusión que o derrame de petróleo do Prestige foi considerado o terceiro accidente máis custoso da historia.







No hay comentarios:

Publicar un comentario