domingo, 21 de febrero de 2016

CONCEPCIÓN ARENAL

Nacida nunha casa do barrio coñecido como Ferrol  Vello, quedou orfa de pai aos nove anos. Nese mesmo ano, marchou coa súa nai, María Concepción  e as súas dúas irmás, a Cantabria, a casa da súa avoa paterna, onde recibiu unha férrea formación relixiosa. Posteriormente trasladáronse a Madrid    onde  estudou nun colexio para señoritas. Sete anos despois entrou, como oínte na Facultade de Dereito da Universidade de Madrid, vestida tamén de home, Concepción participou en faladoiros políticos e literarios, loitando así contra o establecido na época para a condición feminina.
Acabada a carreira, casou en 1848 co tamén avogado e escritor Fernando García Carrasco; que en 1857 faleceu de tuberculose. Concepción, viúva e con dous fillos en Cantabria, onde coñeceu a un mozo Jesús Mosteiro con quen  funda grupo feminino  para axuda dos pobres. 

 Posteriormente publicou libros de poesía e ensaio, como Cartas á delincuentes  Oda á escravitude  ,O reo, o pobo e o verdugo ou A execución da pena de morte.
E crea unha sociedade dedicada á construción de casas baratas para obreiros. Posteriormente tamén colaborou organizando en España a Cruz Vermella do Socorro, para os feridos das guerras carlistas.



Con Concepción Arenal, naceu o feminismo en España, pois Concepción dixo que a muller non ten outra carreira que o matrimonio, xa que os homes aprenden un oficio e as mulleres non.



Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo, onde foi enterrada. É o seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia. Con todo, a súa frase máis celebre foi probablemente Odia o delito e compadece ao delincuente, que resume a súa visión dos delincuentes como o produto dunha sociedade reprimida e represora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario