miércoles, 25 de noviembre de 2015

As cousas cambian

Pregunteille á miña avoa como era a educación antigüamente e sorprendeume xa que, aínda que pareza que non, hai moitas diferenzas.Sorprendeume unha frase que me dixo ao terminar a conversación,  na que fai referencia á importancia da educación hoxe en día  : "Tan só pola educación pode o home chegar a ser home"

Díxome que estudou no colexio Politécnico, na rúa Magdalena situado en Ferrol, dirixido por Don Jacinto Losada.



Non se pode dicir que a educación era mellor no pasado,xa que dependendo do punto de vista no que se mire, hai cousas que melloraron e cousas que non, pero non cabe dúbida de que hai moitos parecidos

A miña avoa cando me contaba como facía para buscar referencias ante un traballo que lle mandaban en clase, criticaba a influencia dos computadores ou ferramentas electrónicas. Defendendo así o uso de libros ou enciclopedias que actualmente deixamos atrás pola existencia das novas tecnoloxías.

Ademais,tamén me contou como os profesores levaban todos os días material como podían ser cartolinas ou carteis co fin de mostrar aos alumnos o que se pretendía ensinar. Actualmente substituídos por lousas eléctricas ou aulas virtuais.

Algo que me sorprendeu foi que nunca fixera ningunha práctica de ningún tipo como poden facer agora no laboratorio. Isto é algo que hai que destacar xa que a práctica tamén é importante para aprender facendo. Facían así que todas as clases fosen teóricas.

En conclusión, penso que actualmente a educación avanzou xa que, as novas estratexias de aprendizaxe fai que os alumnos de hoxe en día aunmenten a súa capacidade con novos contidos .

No hay comentarios:

Publicar un comentario