viernes, 13 de mayo de 2016

Unha Galicia diferente

Galicia deixou de ser unha sociedade  rural, tradicional, illada, atrasada e sen capacidade de goberno, para converterse nunha sociedade cada vez máis urbanizada, mellor comunicada, máis industrializada, cundesenvolvementotecnolóxico como nunca coñeceu, e con institucións de goberno propio. Por tanto, debe ser neste contexto de modernización no que debe basar e planificar  o seu desenvolvemento  e así poder rematar ca crise económica e demográfica .
Galicia e un lugar atractivo para vivir, que ten gran calidade de vida. Algúns dos seus sectores industriales en crise, sufriron reconversiones para adaptarse a os novos tempos; e outros  como o textilou o da automoción están a alcanzarun enorme desenvolvemento. O puxante sector vitivinícola y gandeiro, e tamén forestal, así como a agricultura ecoloxica, beneficiados polas novas tecnoloxias, fan que a xente xoven  retorne a o mundo rural, para compensar o despoblamento das últimas décadas,e aproveitar asi os recursos que nos proporciona esta terra tan fértil.As novas técnicas de pesca e marisqueo, xunto a acuicultura fan que este sector siga sendo, un dos mais importantes da nosa economía.      
       


O turismo co  “Camiño de Santiago”,como referencia mundial, as zonas de costa e de playa, moitas delas con bandeiras  azuis, e en entornos naturais privilexiados fixeron de este sector, un dos maís importantes dos últimos tempos, e moi probablemente ainda o será mais no futuro. A situación estratexica dos nosos portos, fan que sexa unha zoa de paso obrigado de tráfico marítimo.
Ademais disto hai que engadir as potencialidades dos capitais humanos e sociais dos galegos, da xente nova, que nunca estivo tan ben preparada, en todos os sentidos, poden ser unha porta aberta á innovación e á creatividade. Os irlandeses o saben moi ben e teñen sido capaces de vender a súa música, os seus alimentos, a súa cultura, paisaxe e os atractivos do seu país aos millóns de descendentes de emigrantes irlandeses que hai nos Estados Unidos. Nos podemos facer o mesmo.

Unha vez rematada a profunda crisis financieira dos últimos anos, como parecen corfirmar  os datos económicos, sobre todo o do paro, que e fundamental, porque e a base para que as futuras xeracións de galegos e galegas, aséntese no noso país, e non teñan que abandónalo, por falta de oportunidades;ademais de darlle a substitución xeracional, tan necesaria á nosa poboación, moi envellecida, e que e fundamental para trocar o signo negativo destas últimas décadas.

Todo isto unido ao amor cos galegos e galegas profesan pola sua terra, e que estén donde estén xamais se esquecen dela, fainos ser optimistas co futuro das nosas xeracións e de Galicia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario