viernes, 13 de mayo de 2016

Galicia, cada día mais linda

Podería dicir que Galicia é esa terra, situada ao noroeste da península ibérica, de verdes paisaxes, fragas, montañas, rías e praias bañadas polo océano atlántico; que ten unha lingua propia, unha cultura propia e unha  xente cunhas características diferentes ao do resto de España.


Pero para min é algo máis, Galicia é vida, é o lugar onde crecín, onde está a miña familia, os meus amigos, os meus estudos, é a miña terra e todo xira ao redor dela.
Galicia, para min, non é só unha terra, é unha lingua, é unha cultura, é esa forma especial dos galegos, que non se saben, se soben ou baixan cando están no medio dunha escaleira; ou que cando lles preguntas algo, contestan cun “malo será”. Ser galego é ter morriña da túaterra, e querer volver cando estamos uns días fóra, aínda que despois queixémonos de que aquí está sempre chovendo. Ser galego é ter acento galego e estar orgulloso diso.

Non seise é unha comunidade, unha rexión ou un país. O único que sei é que é a miñaterra. Podería nacer noutro lugar, pero nacín aquí,  gústame vivir aquí e espero que non teña que irme de Galicia. E se me vou, seguro que volverei, como os bos fillos que volven sempre a ver á súa nai, os galegos, estean onde estean,  sempre volven.




No hay comentarios:

Publicar un comentario