viernes, 30 de octubre de 2015

As prantas que curan

Decidín facer esta entrada debido a que a semana pasada sufrín un catarro e interesoume informarme polos remedios antigos que se utilizaban de forma natural para cúralo.

O Souto
                                                       
(As ribeiras dos ríos galegos son  como un gran herbolario.)


Atopamos herba de San Juan, que se usa para as queimaduras e todo tipo de feridas.  Tamén mesmo o seu aceite é cicatrizante e astringente.

O brezo, a nosa queiruga, pódese empregar como antidiarreico e antiséptico das vías urinarias.

O hinojo ou fiuncho, cun certo cheiro anís e follas como fíos,  serve así mesmo para case todo: tose, asma, inflamacións, malas dixestións...

A ortiga, incómoda polos picores que provoca, ten a propiedade de deter as hemorraxias e estimular o aparello dixestivo, porque posúe máis ferro que calquera outro vexetal.

Outra das nosas xoias é o romeu que tanto usamos nas comidas. É desde sempre unha herba moi apreciada en Galicia polas súas propiedades contra o reuma e os golpes, aínda que é tamén una das herbas que se usa na noite de San Juan para escorrentar aos malos espíritos.

                                                           
 





A Carballeira

                                                        





Os bosques de carballos centenarios proporciónanlle á súa cortiza propiedades antisépticas e antinflamatorias. É dicir que podemos utilizalo como alivio de faringitis, anginas, chagas na boca, hemorraxias nasais ou gretas na pel.

Do eucalipto coñecemos que é un remedio eficaz para a cura de catarros, gripe, asma e problemas respiratorios. Pero non sabiamos que serve para rebaixar o nivel de azucre do sangue, para desinfectar feridas da pel e para as dores de articulacións e músculos.

O castiñeiro axúdanos a deter as diarreas, a acougar a tose e como champú natural para os cabelos louros.

                                      






O Toxal


                                                 
                            

As flores do toxo son case milagrosas para o fígado e estúdanse actualmente as súas propiedades contra o cancro. 

Da xesta aprovéitase case todo, aínda que non convén aos animais porque para eles é tóxica. As flores comodiurético, as ramas son boas para evitar as palpitacións .





      Estes son algúns dos remedios que se utilizaban antigamente en Galicia para previr ou curar enfermidades.  Isto é un privilexio xa que hai outra forma de contemplar vos espazos naturais nesta Galicia Única: admirando a estética do paisaxe e ao mesmo tempo atopando prantas con propiedades prodixiosas para ou organismo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario